Saltar ao contido

Susana Rodríguez Gacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusana Rodríguez Gacio
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Fisioterapia de Pontevedra
campus de Pontevedra
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, triatleta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsellería de Sanidade Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor en Wikidata
Participou en
2021Xogos Paralímpicos de 2020paratríatlon  (medalla de ouro olímpica)
setembro de 2016Xogos Paralímpicos de 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina websusanarg.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: SuRGAcio Instagram: susirodriguezgacio Editar o valor en Wikidata

Susana Rodríguez Gacio, nada en Vigo o 4 de marzo de 1988, é unha médica e atleta galega, especializada en tríatlon. Foi seis veces campioa mundial de paratríatlon, cinco veces campioa de Europa e gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos (en Toquio 2020 e París 2024). Foi ademais catro veces campioa do mundo de dúatlon.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na medicina

[editar | editar a fonte]

Rodríguez naceu con albinismo e unha grave deficiencia visual do 90 %. Compaxinou desde a infancia a súa dedicación ao deporte coa paixón pola medicina. Estudou fisioterapia en Pontevedra, no Campus de Pontevedra e despois medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a súa licenciatura en 2015, ano no que comezou a preparar o MIR (Médico Interno Residente). Iniciou a súa residencia no ano 2016 como médico residente no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, onde traballa como médica interna residente de Medicina física e rehabilitación. Ao regresar dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro en 2016 iniciou o seu traballo de primeiro ano de residente en consultas a pacientes.[1] Traballou en consultas externas ata abril do 2020, cando con motivo da pandemia da COVID-19 foi asignada a un programa de asistencia a pacientes por teléfono.[2]

Como deportista

[editar | editar a fonte]

Desde 1998 practicou atletismo cunha profesora da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) no Centro de Tecnificación de Pontevedra. Participou en competicións de atletismo ata 2008, cando ao non conseguir praza no mundial paralímpico, decidiu cambiar a actividade deportiva polo tríatlon. En outubro de 2012, en Auckland, proclamouse por primeira vez campioa do mundo de paratríatlon, na categoría TRI 6, con Mayalen Noriega como guía, título ao que sumou un bronce mundial en ácuatlon.[3] Ao ano seguinte foi bronce no Europeo de paratríatlon e subcampioa mundial en Londres, tanto de paratríatlon como de ácuatlon.[4]

En 2014 proclamouse campioa de Europa de paratríatlon PT5 en Kitzbühel,[5] mentres que no mundial celebrado en Edmonton, foi prata en ácuatlon e bronce en tríatlon.[6] En 2015 foi bronce mundial de tríatlon en Chicago,[7] e en marzo do ano seguinte conseguiu praza para os Xogos Paralímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Pouco antes dos Xogos foi bronce no Europeo de tríatlon e proclamouse por cuarta vez campioa do mundo de dúatlon en Avilés.[8] Xa na cita olímpica, competiu en tríatlon con Mabel Gallardo como guía, acabando na quinta posición.[9]

Despois de ser prata no Mundial de paratríatlon en 2017 en Rotterdam, logrou o seu segundo título en 2018 na cidade australiana de Gold Coast, e revalidouno ao ano seguinte en Lausana.[10][11] En canto ao campionato europeo, despois de dous subcampionatos consecutivos en 2017 e 2018, coroouse por segunda vez en 2019 en Valencia.[12]

En 2021 a triatleta paralímpica galega apareceu no último número da célebre revista Time.[13] Ese mesmo ano participou nos seus segundos Xogos Paralímpicos, en Toquio, adiados un ano por mor da pandemia de COVID-19. Fixo historia ao ser a primeira española en participar en dúas competicións diferentes: tríatlon e atletismo (1500 metros).[14] Na proba de tríatlon participou con Sara Loehr como guía e arrasou baixo a calor e a humidade da capital xaponesa, gañando o ouro con máis de catro minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada, a italiana Anna Barbaro.[15] Non puido repetir o éxito nos 1500 metros, con Celso Comesaña de guía, acabando na quinta posición, pero conseguiu un diploma paralímpico e o récord de España da súa categoría.[14]

En novembro de 2021 logrou o seu cuarto título mundial de paratríatlon en Abu Zabi, superando de novo a Anna Barbaro por máis de 3 minutos.[16] En maio de 2022 gañou o seu terceiro título europeo, ao lograr a vitoria na cidade polaca de Olsztyn, dominando a proba de principio a fin e sacándolle máis de dous minutos á segunda clasificada, a británica Alison Peasgood.[17] Seis meses despois conquistou o seu quinto campionato do mundo, de novo en Abu Zabi, onde gañou a proba por diante da italiana Francesca Tarantello.[18] En xuño de 2023 agrandou o seu palmarés cun novo título europeo, o cuarto, levando o ouro por diante da francesa Annouck Curzillat e de Tarantello.[19]

No verán de 2024 disputou en París os seus terceiros Xogos Paralímpicos e gañou a súa segunda medalla de ouro, facendo parella coa guía Sara Pérez. Dominou a proba dende o principio e cruzou a meta con 2'24'' de vantaxe sobre a italiana Tarantello e 4'02'' sobre a alemá Anna Renner.[20] En setembro revalidou o título europeo en Vichy e menos dun mes despois coroouse en Torremolinos co seu sexto campionato do mundo, superando en case dous minutos a Tarantello.[21][22]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]

Tríatlon

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[23]
Xogos Paralímpicos
Ano Lugar Competición Medalla
2021 Toquio PTVI Medalla de ouro Ouro
2024 Francia París PTVI Medalla de ouro Ouro
Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2012 Auckland TRI-6 Medalla de ouro Ouro
2013 Londres TRI-6b Medalla de prata Prata
2014 Edmonton PT5 Medalla de bronce Bronce
2015 Chicago PT5 Medalla de bronce Bronce
2017 Países Baixos Rotterdam PTVI Medalla de prata Prata
2018 Australia Gold Coast PTVI Medalla de ouro Ouro
2019 Suíza Lausana PTVI Medalla de ouro Ouro
2021 Emiratos Árabes Unidos Abu Zabi PTVI Medalla de ouro Ouro
2022 Emiratos Árabes Unidos Abu Zabi PTVI Medalla de ouro Ouro
2024 España Torremolinos PTVI Medalla de ouro Ouro
Campionato Europeo
2013 Alanya TRI-6b Medalla de bronce Bronce
2014 Austria Kitzbühel PT5 Medalla de ouro Ouro
2016 Portugal Lisboa PT5 Medalla de bronce Bronce
2017 Austria Kitzbühel PTVI Medalla de prata Prata
2018 Estonia Tartu PTVI Medalla de prata Prata
2019 España Valencia PTVI Medalla de ouro Ouro
2022 Polonia Olsztyn PTVI Medalla de ouro Ouro
2023 España Madrid PTVI Medalla de ouro Ouro
2024 Francia Vichy PTVI Medalla de ouro Ouro
Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2011 España Xixón TRI-6 Medalla de ouro Ouro
2012 Francia Nancy TRI-6 Medalla de ouro Ouro
2014 Galicia Pontevedra PT5 Medalla de ouro Ouro
2016 España Avilés PT5 Medalla de ouro Ouro

Ácuatlon

[editar | editar a fonte]
Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2012 Auckland TRI-6 Medalla de bronce Bronce
2013 Londres TRI-6b Medalla de prata Prata
2014 Edmonton PT5 Medalla de prata Prata

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[24] En abril de 2024 foi galardoada co Premio Nacional do Deporte á Mellor Deportista Feminina, sendo esta a primeira vez que o recoñecemento se entregaba a unha persoa con discapacidade.[25]

  1. "Susana Rodríguez: «Muchos no creían en mí, yo sí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-28. Consultado o 2021-07-09. 
  2. "Susana Rodríguez Gacio, paratriatleta y médico: «Claro que tengo miedo, pero sé que donde puedo aportar es aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-20. Consultado o 2021-07-09. 
  3. "La gallega Susana Rodríguez gana el Mundial de Paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2012. p. 48. 
  4. "Susana Rodríguez, plata en Londres". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 14 de setembro de 2013. p. 9. 
  5. Bruquetas, Antón (22 de xuño de 2014). "Susana Rodríguez y Serrat se lucen en el Europeo de Kitzbühel". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  6. "Susana Rodríguez, bronce no mundial de paratríatlon de Edmonton". 31 de agosto de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  7. "SUSANA RODRIGUEZ GACIO | Paralímpicos". Consultado o 2021-03-09. 
  8. "Susana Rodríguez, campeona del mundo de duatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  9. "Susana Rodríguez Gacio, quinta nos Xogos Paralímpicos". 11 de setembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  10. "Susana Rodríguez, campioa do mundo de paratríatlon en Gold Coast". 15 de setembro de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  11. "Gran éxito del triatlón paralímpico español con tres títulos mundiales y un total de 4 medallas en el Campeonato del Mundo de Lausana" (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  12. "Susana Rodríguez y Paula García, conquistan el título en el Europeo de triatlón paralímpico en Valencia" (en castelán). 14 de setembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  13. Redacción (2021-07-09). "Susana Rodríguez, a galega na portada de Time: médica, divulgadora e paralímpica". GCiencia. Consultado o 2021-07-09. 
  14. 14,0 14,1 "Susana Rodríguez suma un diploma paralímpico en atletismo tras el oro en triatlón". RTVE (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  15. "Susana Rodríguez se lleva el oro en triatlón" (en castelán). 28 de agosto de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  16. "Susana Rodríguez conquista su cuarto título mundial" (en castelán). 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  17. "Susana Rodríguez Gacio, campeona de Europa de paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  18. "Susana Rodríguez gana su quinto título mundial en paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  19. "Susana Rodríguez Gacio domina o campionato de Europa de paratriatlón". Televisión de Galicia. 4 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  20. "Susana Rodríguez Gacio, medalla de ouro en tríatlon". Nós Diario. 27 de setembro de 2024. Consultado o 27 de setembro de 2024. 
  21. "Susana Rodríguez, campeona de Europa por quinta vez". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de setembro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  22. "Susana Rodríguez coróase campioa do mundo de paratríatlon". Nós Diario. 18 de outubro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  23. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  24. "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023. 
  25. "A triatleta Susana Rodríguez recolle o Premio Nacional do Deporte". Nós Diario. 4 de abril de 2024. Consultado o 6 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]